Ir o contido principal

Seis prazas de Peóns foretais/Auxiliares administrativos no Concello de Ponteceso

Pola resolución de Alcaldía núm. 337/2026 do 27 de maio de 2026 resolveuse aprobar as bases e convocar o procedemento de selección para a contratación laboral temporal de persoas desempregadas, cinco peóns/peoas forestais e un/unha auxiliar administrativo/a, ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2026, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2026.

As bases están a disposición das persoas interesadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal (https://sede.ponteceso.gal/sxc/gl/) e na páxina web municipal.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello (https://sede.ponteceso.gal/sxc/gl/).

No prazo máximo de dous (2) días hábiles, dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, o Concello de Ponteceso presentará unha oferta de emprego na oficina Pública de Emprego de Carballo, solicitando persoas traballadoras para as devanditas prazas.

O prazo de presentación de solicitudes será de tres (3) días hábiles, a contar dende o día seguinte a aquel no que a persoa candidata reciba comunicación por parte do Concello de que está incluída na relación enviada polo SPEG.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/02/2026_0000003537.html

Comments