A ETL Colaxe organiza en Laxe un curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre durante o mes de xullo
A Escola de Tempo Libre Colaxe abre o prazo de inscrición para unha nova edición do Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que se desenvolverá en Laxe entre o 1 e o 31 de xullo de 2026.
Datos principais do curso:
- Organiza: Escola de Tempo Libre Colaxe.
- Curso: Monitor/a de Actividades de Tempo Libre.
- Dirección: Paula Fondo Caamaño.
- Lugar: Laxe (A Coruña).
- Enderezo: Rúa Vila Amparo, nº 47 baixo, CP 15117.
- Datas: Do 1 ao 31 de xullo de 2026.
- Horario: Sesións presenciais e virtuais de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 20.30 horas.
- Prazas: Mínimo 12 e máximo 25 participantes.
- Inscrición: Por orde de inscrición ata completar as prazas dispoñibles.
- Prezo: 285 euros.
Requisitos de participación:
- Ter máis de 18 anos.
- Estar en posesión do Graduado Escolar ou do título de Graduado en ESO.
Máis información e contacto:
- Web: https://proxectocolaxe.com/
- Facebook: Colaxe Centro
- Instagram: @proxecto_colaxe
- Teléfonos: 679 761 466 / 981 728 310
- Correos electrónicos: info@proxectocolaxe.com e etlcolaxe@gmail.com




Comments