Ir o contido principal

A Autoridade Portuaria de Marín convoca unha praza fixa de oficial de obras e mantemento

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra abriu o proceso selectivo para a contratación dun posto de oficial de obras e mantemento, adscrito ao taller mecánico e conservación, mediante cobertura externa.

Datos da convocatoria

  • Posto: Oficial de obras e mantemento (adscrito a taller mecánico e conservación).
  • Grupo profesional: Grupo III – Banda 2 – Nivel 3.
  • Tipo de contrato: Fixo.
  • Sistema de selección: Concurso-oposición.

Requisitos

As persoas aspirantes deberán cumprir os requisitos establecidos nas bases reguladoras do proceso selectivo.

Bases da convocatoria

As bases completas poden consultarse:

  • No Punto de Acceso Xeral da Administración do Estado.
  • No taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria.
  • Na páxina web da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

Prazo de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día coincide en sábado ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día hábil.

Comments