Ir o contido principal

Bolsa de emprego para Brigadas de Prevención e loita contra incendios no Concello de Ortigueira

O obxecto desta convocatoria é a creación dunha bolsa de emprego que sirva para cobertura das vacantes que se produzan como consecuencia da formación das brigadas de prevención, vixilancia e defensa contraincendios forestais no momento de posta en funcionamento das brigadas ou cando se produzan vacantes nas mesmas, sen prexuízo de que antes da súa contratación os aspirantes teñan que superar e acreditar os extremos requiridos no correspondente convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural e sempre que sexa posible a súa cobertura de conformidade cos requisitos esixido pola normativa aplicable e previa acreditación no expediente da existencia de crédito adecuado e suficiente para esta finalidade.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/04/2026_0000003671.html

Comments