Bolsa de emprego de 2º de Obras e Servizos no Concello de Ortigueira
O obxecto destas bases é a constitución dunha lista de agarda integrada por persoal susceptible de ser contratado temporalmente en postos de traballo da categoría OFICIAL DE 2º-OBRAS - no grupo profesional IV segundo o convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Ortigueira (BOP nº76 de 26 de abril de 2021), para atender necesidades transitorias de calquera das circunstancias mencionadas no artigo 15 do Estatuto dos traballadores.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.
O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/04/2026_0000003672.html




Comments