Catro auxiliares de policía local no Concello Das Pontes de García Rodríguez
É obxecto da convocatoria a contratación en réxime laboral temporal, a través do proceso de selección de oposición libre, de catro (4) auxiliares de Policía Local, que desempeñarán as funcións de apoio e de auxilio aos membros do Corpo da Policía Local durante a tempada de verán no marco do disposto na lexislación de corpos e forzas de seguridade.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.
As solicitudes serán dirixidas ao Rexistro Xeral do concello no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte o da publicación do anuncio da convocatoria e das bases no BOP. A convocatoria e as bases publicaranse tamén de forma íntegra no taboleiro de anuncios do concello (taboleiro electrónico:https://sede.aspontes.org/opencms/es/informacion/) e nun xornal dos de maior tirada de Galicia, sen prexuízo da posibilidade da súa publicación na páxina web municipal.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/04/2026_0000003626.html




Comments