Ir o contido principal

OEP 2026 no Concello de Santiago de Compostela

Primeiro.- A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria celebrada o día 1 de xuño de 2026, aprobou a oferta de emprego do Concello de Santiago de Compostela co seguinte detalle:

A) Quenda libre: 35 prazas en total.

B) Promoción interna: 6 prazas en total.

Reserva para persoas con discapacidade

Ao abeiro do disposto no artigo 59.1 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido do Estatuto básico do empregado público, e tendo en conta que o número total de prazas ofertadas é de 41 das cales 20, dada a natureza das prazas ofertadas , non é posible reservar ningunha delas para as persoas con discapacidade, deberase reservar unha (1) das outras 21 prazas para poder ser cubertas con persoas con discapacidade, concretamente unha praza (1) de administrativo/a (subgrupo C1).

De conformidade co que dispón o artigo 20 da vixente Lei de orzamentos, o prazo máximo para a convocatoria das prazas será o de tres anos a contar dende a data da publicación da oferta de emprego.

Segundo.- Dispoñer a publicación da oferta de emprego público no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela, para os efectos oportunos.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/04/2026_0000003666.html

Comments