Ir o contido principal

O Concello de Lalín convoca tres prazas de emprego público nos grupos A1 e A2

Aberto o proceso selectivo para cubrir prazas de Arquitecto/a Técnico/a, Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas Municipais e Técnico/a de Administración Xeral

O Concello de Lalín publicou as bases reguladoras de tres procesos selectivos para a cobertura en propiedade de distintas prazas de persoal funcionario mediante o sistema de oposición libre.

Prazas convocadas

Publicación da convocatoria

Os anuncios das convocatorias publicaranse sucesivamente no:

  • Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)
  • Diario Oficial de Galicia (DOG)
  • Boletín Oficial do Estado (BOE)

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude dirixida á Alcaldía a través do Rexistro Xeral do Concello ou da sede electrónica municipal.

Prazas de Arquitecto/a Técnico/a e Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas Municipais

  • Prazo: 20 días naturais
  • Contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOE

Praza de Técnico/a de Administración Xeral

  • Prazo: 20 días hábiles
  • Contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOE

Máis información

As bases completas poden consultarse na sede electrónica e na páxina web municipal do Concello de Lalín, onde tamén se publicarán os sucesivos anuncios relacionados cos procesos selectivos.

Comments