Ir o contido principal

O Concello de Celanova convoca a contratación temporal de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais

Seleccionaranse 10 persoas para cubrir postos de xefe/a de brigada, peón/a condutor/a e peón/a forestal

O Concello de Celanova aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de dúas brigadas forestais destinadas á realización de accións de prevención e defensa contra incendios forestais.

Postos convocados

Cada brigada estará integrada por:

  • 1 xefe/a de brigada
  • 1 peón/a condutor/a
  • 3 peóns/as forestais

Total de postos ofertados: 10

Sistema de selección

  • Concurso-oposición.
  • Contratación laboral temporal.

Marco da convocatoria

As contratacións realizaranse ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Celanova para a execución de accións de prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2025-2026.

O programa está cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) 2023-2027.

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes:

  • No Rexistro Xeral do Concello de Celanova, de 9:00 a 13:00 horas.
  • A través dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Prazo de presentación:

Máis información

As bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Celanova, onde tamén se publicarán as actuacións e anuncios relacionados co proceso selectivo.

Comments