Ir o contido principal

Aberto o prazo para participar na selección dunha brigada forestal temporal no Concello de Arteixo

O Concello de Arteixo convoca un proceso selectivo para a contratación temporal dunha brigada forestal composta por cinco persoas traballadoras, ao abeiro do convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para accións de prevención e defensa contra incendios forestais.

Postos ofertados

  • 1 xefe/a de brigada.
  • 1 operario/a condutor/a.
  • 3 operarios/as de brigada forestal.

Características da contratación

  • Contrato laboral temporal por circunstancias da produción.
  • Duración: 3 meses.
  • Xornada completa.

Retribucións mensuais

  • Xefe/a de brigada: 2.021,47 € máis a parte proporcional das pagas extraordinarias (336,91 €).
  • Operario/a e operario/a condutor/a: 1.556,86 € máis a parte proporcional das pagas extraordinarias (259,48 €).

Requisitos principais

  • Ter cumpridos 16 anos e non superar a idade de xubilación forzosa.
  • Posuír a titulación requirida segundo o posto.
  • Dispoñer do permiso de conducir B nos postos de xefe/a de brigada e operario/a condutor/a.
  • Presentar certificado médico que acredite a aptitude para realizar probas físicas de esforzo.
  • Cumprir os requisitos xerais de acceso ao emprego público.

Proceso selectivo
O sistema de selección será mediante concurso-oposición.

A fase de oposición incluirá:

  • Proba física de carreira de 1 quilómetro.
  • Proba de resistencia de 3.200 metros con mochila de 11 quilogramos.
  • Proba de coñecemento da lingua galega para as persoas non exentas.

A fase de concurso valorará:

  • Experiencia profesional relacionada coa prevención e extinción de incendios forestais.
  • Formación específica vinculada ás funcións do posto.

Presentación de solicitudes
As solicitudes poderán presentarse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Arteixo ou polos medios previstos na normativa administrativa.

O prazo de presentación será de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

As bases completas e toda a información relativa ao proceso selectivo poden consultarse na páxina web municipal do Concello de Arteixo.

Comments