O Concello de Laxe abre a selección de 5 peóns/as para a limpeza das praias durante o verán
O Concello de Laxe convoca un proceso selectivo para a contratación temporal de cinco peóns/as destinados á limpeza das praias marítimas do municipio durante a campaña estival de 2026.
Esta iniciativa está subvencionada pola Deputación da Coruña a través do Programa de Limpeza de Praias Marítimas (MA100) e ten como obxectivo reforzar os traballos de conservación e mantemento dos areais e das zonas peripraia durante os meses de maior afluencia de visitantes.
Postos ofertados
- 5 peóns/peoas para a limpeza de praias marítimas.
Características dos contratos
- Contrato laboral temporal por circunstancias da produción.
- Duración: 2 meses e medio.
- Xornada completa.
- Horario adaptable ás necesidades do servizo, podendo incluír quendas de mañá e tarde, de luns a domingo.
Funcións principais
- Limpeza manual das praias.
- Retirada e clasificación de residuos.
- Limpeza das zonas peripraia.
- Mantemento e limpeza de mobiliario público como duchas, aseos e outros elementos de uso público.
Retribución
- Salario bruto mensual: 1.424,50 euros, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
Requisitos
- Ter cumpridos 16 anos.
- Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas.
- Non estar inhabilitado para o acceso ao emprego público.
- Cumprir os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
- Acreditar o coñecemento do galego mediante Celga 1 ou equivalente, ou superar a proba correspondente.
Proceso de selección
O sistema será de concurso-oposición.
A fase de oposición consistirá nun exame oral de 10 preguntas sobre:
- Coñecemento do concello de Laxe.
- Limpeza de praias e xestión de residuos.
- Uso de materiais e ferramentas de traballo.
- Mantemento e limpeza de mobiliario público.
As persoas aspirantes deberán obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar esta fase.
A fase de concurso valorará:
- Formación relacionada co posto.
- Experiencia profesional en tarefas similares tanto na empresa privada como na administración pública.
Presentación de solicitudes
O prazo para presentar solicitudes será de cinco días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
As solicitudes poderán presentarse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Laxe ou polos medios habilitados na normativa administrativa vixente.
As persoas que superen o proceso e non obteñan praza pasarán a formar parte dunha bolsa de traballo para posibles substitucións durante a vixencia da campaña.




Comments