Ir o contido principal
Bolsa de Comisariado de exposicións e Xestión de museos da Fundación Botín

A Fundación Botín convoca as se guintes bolsas de formación:

Bolsa no estranxeiro destinada a formación especializada co obxecto de obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e a organización de exposicións dunha maneira integral.

O destino da formación debe estar orientado á arte contemporánea (desde as vangardas á actualidade). A axuda está dotada cun máximo de 30.000 €.

Poden presentarse diplomados, licenciados, graduados ou estudantes de posgrao, en Belas Artes, Historia da arte, Filosofía e Estética, Literatura, Humanidades, ou Crítica de Arte. Ou ser unha profesional da arte que, non cumprindo os requisitos anteriores, poida demostrar capacitación no campo.

É necesario posuír a nacionalidade española, ou demostrar a residencia desde os cinco anos anteriores á solicitude, e ter entre 22 e 40 anos.

A dotación total da bolsa comprende 18.000 €, en concepto de viaxes, aloxamento, manutención etc., aos que se sumarán ata un máximo de 12.000 € destinados ao abono da matrícula no centro de formación elixido.

Prazo de presentación de solicitudes ata 25 de abril de 2025.

Máis información: https://www.centrobotin.org/beca/becas-de-comisariado-y-gestion-de-museos-2025-2026/

Comments