Subvencións de Educación 2026 no Concello de Teo
As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas a actividades organizadas ou promovidas por centros educativos públicos de ensino non universitario e as súas respectivas asociacións de nais e pais, pola realización de actividades de carácter educativo no ano 2026, con cargo á partida 320/48000 do orzamento de 2026, por un importe total de 18.000 euros, dos cales corresponden 8.000 euros para os centros educativos e os restantes 10.000 euros para as ANPAS.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.
As solicitudes presentaranse POLA SEDE ELECTRÓNICA do Concello de Teo ( https://sede.teo.gal) co modelo normalizado ( Anexo I ), entre o 1 e o 30 de setembro de 2026 (ambos incluídos).
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/09/2026_0000003791.html




Comments