Subvencións de Igualdade 2026 no Concello de Teo
A presente convocatoria está dirixida a subvencionar programas e actividades que persigan o fomento da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e loita contra a violencia de xénero organizadas ou promovidas por asociacións veciñais de igualdade e benestar durante ano 2026, con cargo á partida 231/480.00 do Orzamento de 2026 , por un importe total de 10.000,00 euros.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/09/2026_0000003795.html




Comments