Guntín abre o proceso para contratar tres condutores/as de motobomba para a campaña de prevención e defensa contra incendios
O Concello de Guntín vén de aprobar a convocatoria e as bases reguladoras para a selección de tres condutores/as de motobomba destinados ás tarefas de prevención e defensa contra incendios forestais durante a campaña de 2026.
Datos principais da convocatoria:
- Postos ofertados: 3 condutores/as de motobomba.
- Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada vinculado a programas financiados con fondos europeos, no marco do convenio coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
- Duración do contrato: 3 meses.
- Xornada: completa.
- Retribución bruta mensual: 1.400 euros, incluído o rateo das pagas extraordinarias.
- Funcións: as propias do posto de condutor/a de motobomba, segundo o establecido nas bases e no convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural.
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes durante un prazo de cinco días hábiles contados desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. As bases completas están dispoñibles na páxina web municipal, nas oficinas xerais e no taboleiro de anuncios do Concello de Guntín.
Esta contratación forma parte das accións de reforzo dos servizos de prevención e loita contra os incendios forestais impulsadas en colaboración coa Xunta de Galicia e cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PEPAC 2023-2027.




Comments