Bolsa de emprego de Auxiliares socorristas no Concello de Ortigueira
O obxecto destas bases é o de regular o proceso selectivo para a constitución dunha bolsa integrada con persoal susceptible de ser nomeado funcionario interino da escala de administración especial, subescala auxiliares técnicos, socorristas, para atender a necesidades transitorias de calquera das circunstancias mencionadas no artigo 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.
O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de A Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/12/2026_0000003895.html




Comments