Ir o contido principal

Dúas prazas de operarios de servizo de recollida de residuos no Concello de Cariño

O obxecto das presentes bases consiste na regulación do procedemento de selección de persoal laboral temporal, mediante oposición, de dous (2) operarios do servizo de recollida de residuos coa categoría profesional de peón (grupo de cotización 10) para prestar servizos temporais no Concello de Cariño e adscritos ao servizo de protección de medio ambiente e do espazo natural, ao abeiro da Orde de 16 de xaneiro de 2026 reguladora das bases e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2026.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

As instancias para participar no proceso de selección dirixiranse á Alcaldía-Presidencia da Corporación, segundo modelo de declaración responsable que se establece no Anexo I. As solicitudes presentaránse no prazo de CINCO DÍAS HÁBILES, contados desde o día seguinte ao do anuncio da convocatoria e publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/15/2026_0000003928.html

Comments