Ir o contido principal

Ribadeo abre a convocatoria para seleccionar un/unha condutor/a de motobomba para a campaña de prevención e extinción de incendios

O Concello de Ribadeo publicou a convocatoria e as bases específicas para a selección dun/dunha condutor/a de motobomba como persoal laboral temporal durante un período de tres meses, entre o 15 de xullo e o 14 de outubro. Ademais, constituirase unha bolsa de emprego cos aspirantes aprobados, que terá unha vixencia de tres anos.

As bases completas do proceso selectivo poden consultarse na sede electrónica municipal. O procedemento permitirá cubrir as necesidades de persoal vinculadas ás tarefas de prevención e resposta ante incendios durante a campaña estival.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes nun prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ribadeo e na súa páxina web municipal.

Comments