Kbñs 2026: “Xóvenes con dereitos”
Nesta edición KBUÑS enfocarase sobre sobre algúns dos temas principais que atravesan o debate público nestes momentos en relación cos dereitos, da cidadanía en xeral e da mocidade en particular: o dereito para participar en democracia, o dereito a unha vivenda digna, o dereito á cultura e os dereitos sociais en xeral. Vivimos un momento de fractura, nun mundo atravesado por crises recorrentes, precariedade vital, retroceso de valores democráticos e auxe de discursos reaccionarios que cuestionan a igualdade, a diversidade e a participación cidadá. Neste contexto, faise necesario reflexionar sobre como defender os dereitos da mocidade, como facelo cun papel protagonista dos propios novos e debater sobre cal é o papel que deben xogar os servizos de mocidade.
Os Encontros divídense en:
Laboratorios xuvenís dirixidos a mozos de 16 a 22 anos sen necesidade de experiencia previa.
Talleres interactivos dirixidos a mozos de 23 a 30 anos con algunha experiencia asociativa, formativa ou laboral
Foro de profesionais dirixido a profesionais de mocidade maiores de 18 anos, como informadores/as xuvenís, técnicos/as de mocidade e outros profesionais que traballan con mozos, tanto na administración pública como en asociacións ou fundacións, entre outras.
Laboratorios Xuvenís Tres laboratorios simultáneos por onde irán pasando todas as persoas participantes nesta actividade. Falaremos sobre democracia e participación, acceso á vivenda, cultura e transformación social, con especial atención aos dereitos da mocidade en
cada un destes ámbitos.
L1. Mozos: xerme da cultura. Impartido por Asociación Garaxe
L2. A vivenda é un dereito humano. Impartido por Amnistía Internacional.
L3. Participación, futuro e realidade xuvenil. Impartido polo Consello da Mocidade de España.
Talleres interactivos son unha actividade pensada para mozas que contan cunha traxectoria asociativa e participativa máis ampla. Consta de dous talleres simultáneos polos que rotarán todos/as os/as participantes.
T1. Mocidade, vivenda e transformación social
Impartido por Fundación Hábitat 3
T2. Deseñando narrativas eficaces desde a escritura á produción.
Impartido pola Oficina de Axitación Cultural.
Foro de profesionais ten un formato en plenario, polas mañás, con conferencias (Javier Burón e Carmina Gustrán), mesas redondas, diálogos, presentación de experiencias..
E, polas tardes, realizaranse tres talleres simultáneos.
F1. Inocular cultura: multiplicar en dereitos. Impartido por Asociación Garaxe
F2. Ten solución o problema da vivenda en España?. Impartido por Alejandro Inurrieta
F3. ParciPasión Xuvenil en tempos revoltos. Impartido por Antonio Moreno Mejías.
Procedemento de inscrición e cotas:
Laboratorios Xuvenís: inscrición directa (só é necesario cumprir o requisito de idade) do 15 de xuño ao 13 de setembro
Talleres interactivos e Foro de profesionais: Preinscrición do 15 de xuño ao 19 de xullo, posteriormente a organización realizará unha selección en función da idoneidade dos perfís das persoas solicitantes e comunicarase o resultado a partir do 27 de xullo para que se proceda á inscrición definitiva.
Cotas de inscrición:
Mozos de 16 a 30 anos que precisen aloxamento: 25 € que inclúen a actividade, o aloxamento en réxime de aloxamento e almorzo en cuarto dobre compartido, a espicha de benvida do venres 9 de outubro, e a pausa-café e comida dos días 10 e 11 de outubro.
Mozos de 18 a 30 anos que non precisen aloxamento: 6 € que inclúen a actividade, a espicha de benvida do venres 9 de outubro, e a pausa-café e comida dos días 10 e 11 de outubro.
Profesionais de mocidade que precisen aloxamento: 40 € que inclúen a actividade, o aloxamento en réxime de aloxamento e almorzo en cuarto dobre compartido, a espicha de benvida do venres 9 de outubro, e a pausa-café e comida dos días 10 e 11 de outubro.
Profesionais de mocidade que non precisen aloxamento: 10 € que inclúen a actividade, o aloxamento en réxime de aloxamento e almorzo, a espicha de benvida do venres 9 de outubro, e a pausa-café e comida dos días 10 e 11 de outubro.
Máis información:
Web: www.cabuenes.org
Facebook: https://www.facebook.com/kbunsgijon
X: @EncuentrosKBUNS
Instagram: @kbunsgijon




Comments