Ir o contido principal

Ribas de Sil selecciona unha brigada de prevención e defensa contra incendios para a campaña de verán

O Concello de Ribas de Sil aprobou as bases para a selección dunha brigada de prevención e defensa contra incendios ao abeiro do convenio de colaboración subscrito coa Consellería do Medio Rural.

A convocatoria contempla a contratación de cinco persoas para os seguintes postos:

  • 1 xefe/a de brigada.
  • 1 peón/á condutor/a.
  • 3 peóns/ás.

Os contratos serán de duración determinada, vinculados a programas financiados con fondos europeos, e desenvolveranse a xornada completa durante un período de tres meses.

O sistema de selección será mediante concurso de méritos.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello de Ribas de Sil ou a través de calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

No caso de presentar a documentación noutra administración pública ou mediante Correos, será necesario comunicar esta circunstancia ao Concello a través do correo electrónico concelloribasdesil@gmail.com dentro do mesmo prazo de presentación de solicitudes.

As bases completas da convocatoria poden consultarse na sede electrónica municipal e no taboleiro de edictos do Concello.

Comments