Ir o contido principal

Praza de Oficial electricista no Concello de Cerceda

O obxeto da presente convocatoria é a elaboración dunha bolsa de emprego da categoría oficial electricista, ós efectos de cubrir as necesidades que xurdan neste Concello en servizos eléctricos.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

As solicitudes para tomar parte no concurso-oposición, conforme ao modelo que figura como Anexo I das presentes bases, dirixiranse á Alcaldía do Concello de Cerceda, e presentaranse no Rexistro xeral do Concello, en horario de oficina (de 9.00 a 14.00 horas), no prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/23/2026_0000004169.html

Comments