Cinco prazas de Brigada contra incendios e salvamento no Concello de Val Do Dubra
O obxecto das presentes bases é regular o proceso selectivo para cubrir, como persoal laboral temporal mediante concurso-oposición, unha praza de xefe de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, tres prazas de peón e unha praza de peón condutor, ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local Val do Dubra.Esta contratación realízase ao abeiro do Convenio interadministrativo, asinado o día 22 de abril de 2025, entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Val do Dubra, para o desenvolvemento de actuacións de prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2025-2026.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.
Garantirase a publicidade da convocatoria, así como o cumprimento dos principios de libre concorrencia, mérito e capacidade. As instancias solicitando formar parte no proceso selectivo dirixiranse ao Sr. alcalde do Concello de Val do Dubra. Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Val do Dubra, debidamente cubertas segundo o anexo I, durante o prazo de 5 (cinco) días naturais que se contarán desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Poderán, así mesmo, remitirse na forma determinada na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/01/2026_0000004325.html




Comments