Ir o contido principal

Forcarei abre o prazo para participar nas bolsas de emprego de oficial fontaneiro e condutor/a de desbrozadora

O Concello de Forcarei aprobou as bases e a convocatoria para a creación de dúas bolsas de emprego destinadas á cobertura dos postos de oficial fontaneiro e condutor/a de desbrozadora.

A aprobación das novas bases produciuse tras quedar desertas as anteriores convocatorias para os postos de condutor/a de desbrozadora e encargado/a de obras e servizos.

Postos convocados

  • Oficial fontaneiro.
  • Condutor/a de desbrozadora.

Prazo de presentación de solicitudes

Máis información

  • As bases e a documentación poden consultarse nas oficinas municipais e no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica do Concello de Forcarei.
  • Os sucesivos anuncios da convocatoria publicaranse na sede electrónica municipal e no Taboleiro de Anuncios.

Comments