Pedrafita do Cebreiro abre a convocatoria para contratar dous monitores/as de campamento de verán urbano
O Concello de Pedrafita do Cebreiro convoca un proceso selectivo para a contratación temporal de dous monitores/as de campamento de verán urbano, ao abeiro do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos – Programa Reforzo do Emprego 2026.
Postos convocados
- 2 monitores/as de campamento de verán urbano.
Sistema de selección
- Concurso-oposición.
Prazo de presentación de solicitudes
- Cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Presentación de solicitudes
- No Rexistro Xeral do Concello de Pedrafita do Cebreiro ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.
- As solicitudes presentadas fóra do Rexistro Xeral deberán comunicarse ao Concello mediante fax antes de que remate o prazo de presentación.
Máis información
- As bases da convocatoria están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Pedrafita do Cebreiro.




Comments