Ir o contido principal

OEP 2026 no Concello de Curtis

De conformidade co disposto no apartado 2 do artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto do empregado público, faise público que a Alcaldía do Concello de Curtis asinou con data de 18/06/2026 a seguinte resolución:

Decreto da Alcaldía nº 409/2026, aprobouse a oferta de emprego público do exercicio 2026 do Concello de Curtis.

As condicións, prazo de inscrición e outra información adicional irase publicando en próximos anuncios no BOP.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/06/2026_0000004407.html

Comments