Ir o contido principal

O Concello do Carballiño convoca a selección de persoal para as brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais

O Concello do Carballiño publicou a convocatoria para a contratación temporal de persoal destinado ás brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais durante a campaña de 2026.

A convocatoria contempla a contratación dun total de oito persoas distribuídas nos seguintes postos:

  • 2 xefes/as de brigada.
  • 2 peóns/peoas condutores/as.
  • 4 peóns/peoas.

Os contratos serán de duración determinada, a xornada completa e cunha duración de tres meses.

O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de concurso-oposición.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Carballiño, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015. Neste último caso, deberá comunicarse o envío mediante correo electrónico a emprego@carballino.gal dentro do mesmo prazo.

As bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Carballiño.

Comments