Ir o contido principal

O Concello de Triacastela convoca tres prazas de condutor/a de vehículo motobomba para a campaña de prevención de incendios

O Concello de Triacastela abriu o proceso selectivo para a contratación temporal de tres condutores/as de vehículo motobomba destinados ás tarefas de prevención e defensa contra os incendios forestais.

As contratacións realizaranse ao abeiro do convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Triacastela para a execución de actuacións de prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PEPAC 2023-2027.

Os contratos terán unha duración de tres meses, cunha data límite de contratación fixada no 31 de outubro de 2026.

O prazo para presentar as solicitudes será de sete días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Triacastela, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través da sede electrónica municipal.

A participación neste proceso selectivo está exenta do pagamento de taxas. As bases completas poden consultarse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Triacastela.

Comments