Ir o contido principal

Bolsa de emprego de arquitecto no Concello de Cee

É obxecto desta convocatoria, a creación dunha bolsa para o nomeamento de funcionario/a interino/a través do sistema selectivo de concurso-oposición, ante posibles circunstancias establecidas artigo 10 do real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o TRLEBEP, da praza encadrada na Escala de Administración Especial, Subescala: Técnica, clasificada no Grupo A, Subgrupo: A2, nivel 24. Retribucións correspondentes a clasificación, segundo os acordos adoptados pola Corporación ó respecto. A xornada de traballo é a tempo completo e está adscrita ao Servizo de Urbanismo, pertencente o Departamento de Urbanismo.

Para ser admitido no procedemento que se regula nestas bases, os aspirantes deberán reunir, na data en que remate o prazo de presentación de instancias segundo a convocatoria do proceso, as condicións que poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das Bases no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/07/2026_0000004463.html

Comments