Ir o contido principal
fotografia

Obradoiro de Fotoxornalismo

Desde a Rede Internacional BLive, entidade promotora do Encontro Internacional de Fotoxornalismo de Asturias (EIFA), queremos compartir información sobre o Obradoiro de Fotoxornalismo que se celebrará no marco do evento, unha proposta formativa dirixida especialmente a estudantes e persoas novas interesadas na fotografía, a comunicación, o xornalismo, o audiovisual, as ciencias sociais e os dereitos humanos.

O obradoiro contará con profesionais do ámbito do fotoxornalismo, da comunicación, da narrativa documental e do ámbito social e comunitario. A través de diferentes sesións, traballaranse ferramentas, metodoloxías e enfoques vinculados á construción de proxectos fotoxornalísticos, á mirada crítica, á ética da imaxe e á comunicación social.

Ademais, convócanse bolsas dirixidas a persoas mozas de ata 35 anos, co obxectivo de facilitar a participación de alumnado e de profesionais novos interesados en ampliar a súa formación neste ámbito.

Máis información

 

foto

Comments