Ir o contido principal
conselleria mar

Prazas nos Centros Residenciais da Consellería do Mar

A Consellería do Mar publica as bases reguladoras para o acceso ás prazas de residencia e de comedor nos centros residenciais da Consellería do Mar, e procede á convocatoria das prazas residenciais para o curso escolar 2026/27.

Beneficiarios.

Poderán ser persoas beneficiarias das prazas de residencia ou de comedor todo o alumnado que, durante o curso escolar, estea matriculado nos centros de formación dependentes da Consellería do Mar e realice os seguintes estudos náuticos e marítimo-pesqueiros:

a) Ciclos formativos de grao medio e superior da familia profesional marítimo-pesqueira.

b) Cursos de capitán/capitá de pesca, patrón/patroa costeiro/a polivalente, ampliación de atribucións para patrón/patroa costeiro/a polivalente, patrón/patroa local de pesca, aumento de atribucións para mecánico/a naval, aumento de atribucións para mecánico/a maior naval, revalidación dos títulos profesionais náutico-pesqueiros, mariñeiro/a pescador/a, mariscador/a e percebeiro/a.

Presentación de solicitudes, lugar e prazo

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (código de procedemento PE606A) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Tamén poderán presentarse directamente nas secretarías dos centros residenciais correspondentes.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O prazo de presentación de solicitudes de residencia e comedor para o alumnado dos ciclos formativos recollidos no artigo 2.a) será:

Ordinario: do 13 ao 31 de xullo de 2026.

Extraordinario: do 1 ao 9 de setembro de 2026, no caso de existiren prazas vacantes.

Máis información: DOG DE 10/07/2026

 

Comments