Ir o contido principal

Convocatoria de Oposición na Escala de Enxeñeiros/as

Función Pública convoca o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos.

O número de prazas convocadas na escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, será de oito (8), das cales unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade.

Resérvanse dúas (2) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

Prazo de presentación de solicitudes: do 13 de xullo ao 7 de agosto de 2026.

Máis información: DOG DE 10/07/2026
 

Comments