Ir o contido principal

Praza de Animador social no Concello de Arteixo

É obxecto da presente, a regulación do proceso selectivo a través do procedemento de concurso-oposición, en quenda restrinxida de promoción interna, para cobertura en propiedade dunha praza de persoal laboral fixo do posto de Animadora/Animador Social, correspondente ao Grupo II do Convenio de persoal laboral do Concello de Arteixo, vacante incluída na OEP 2026 do Concello de Arteixo.

As condicións para insiribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG, toda vez se teñan publicadas as presentes bases no BOP da Coruña. Complementariamente, as bases publicaranse na web municipal aos meros efectos informativos, sen que tal publicidade sirva para determinación algunha de prazos de presentación de instancias.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/13/2026_0000004607.html

Comments