Ir o contido principal

Praza de Oficial de primeira en medioambiente no Concello de Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo de Limia pretende realizar un contrato de traballo por substitución da persoa traballadora durante baixa laboral dun/ha oficial/a de primeira de medio ambiente aplicando o procedemento de selección abreviado recollido na citada base sétima das bases xerais para a selección e aprobación de bolsas de emprego de persoal laboral temporal, publicadas no BOP de Ourense n.º 152, de 11/08/2025.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

As instancias deberán presentarse en modelo oficial que será facilitado aos interesados na sede electrónica do Concello de Xinzo de Limia que se atopa na páxina web do Concello (www.xinzodelimia.es).

As instancias xunto coa documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos e dos méritos alegados poderán presentarse a través da sede electrónica, no Rexistro Xeral do Concello ou mediante calquera dos restantes medios establecidos no artigo 16.4 da Lei de procedemento administrativo común nun prazo de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio de convocatoria no BOP.

Máis información aquí: https://bop.depourense.es/portal/anuncio/351864

Comments