Ir o contido principal
libros de texto

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar no Concello de Nigrán

O obxecto das axudas é a concesión de axudas ou subvencións ás familias do alumnado de centros docentes públicos, de educación infantil da segunda etapa con enderezo no Concello de Nigrán, coa finalidade de adquirir libros de texto e/ou material escolar necesarios para o curso 2026-2027.

Poderán ser beneficiarias das axudas aquelas unidades familiares que estean empadroadas no Concello de Nigrán, residan neste termo municipal de xeito efectivo, e teñan menores matriculados en centros públicos do municipio que cursen educación infantil, 2ª etapa, no curso 2026-2027.

Ver prazo de presentación de instancias e cómo facelo aquí: https://nigran.sedelectronica.gal/preview-document/7f95b96e-a109-436a-91b5-c08db6cce95b/

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/13/2026054812

Comments