Ir o contido principal
Copa futbol

XXXIV Copa de fútbol da Deputación da Coruña

A XXXIV Copa Deputación da Coruña de Fútbol Afeccionado ten por obxecto:

- Promover a actividade física e o deporte entre a poboación.

- Impulsar a cohesión social e a participación cidadá na provincia, utilizando o deporte como instrumento de integración e dinamización.

- Promover a provincia e os seus municipios como territorios activos, contribuíndo ao seu desenvolvemento económico e social a través do deporte.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de inscrición iniciarase o día seguinte da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) e rematará sete (7) días naturais antes da correspondente competición.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/14/2026_0000004680.html

Comments