Ir o contido principal

Cinco prazas na Brigada contra incendios e salvamento no Concello de Maside

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 2026 - 0477 do 10.07.2026, acórdase a ampliación do prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo destinado á contratación laboral temporal 1 xefe/a, 1 peón/peoa condutor/a e 3 peóns/peoas de brigada de incendios forestais do Concello de Maside, convocado no BOP de Ourense núm. 108, do 10.06.2026.

En virtude do disposto na citada resolución amplíase o prazo de presentación de solicitudes en 3 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP.

As restantes bases e condicións da convocatoria permanecen inalteradas.

Máis información aquí: https://bop.depourense.es/portal/anuncio/351877

Comments