Ir o contido principal

Cinco prazas da brigada contra incendios e de salvamento no Concello de Abegondo

Comunícase que por medio da Resolución da Alcaldía do 14/07/2026 (Expte TEDEC 2026/E001/000002 – 2026/G003/000443) aprobáronse as bases de selección do persoal integrante da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais no exercicio 2026, conforme ao Convenio de colaboración asinado coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

O Concello de Abegondo convoca as seguintes prazas: un Xefe/a de brigada, un Peón/peoa condutor/a e tres peóns/peoas de brigada.

As bases da convocatoria pódense consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello (https://sede.abegondo.gal ou https://sede.abegondo.gal/sxc/gl/informacion/tablon/index.html).

Prazo de presentación de instancias: 5 días naturais a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/15/2026_0000004746.html

Comments