Ir o contido principal

Catro prazas de Peóns para a limpeza de praias no Concello de Paderne

Por Decreto Nº 297/2026 de 2 de xuño de 2026 o Alcalde-presidente do Concello de Paderne resolveu convocar procedemento público para a contratación laboral temporal de catro peóns para o servizo Limpeza de praias Paderne 2026 ao abeiro do programa MA100: Programa de subvencións a concellos para a limpeza de praias marítimas no 2026, da Deputación Provincial da Coruña, e aprobar as bases para a realización do correspondente concurso-oposición.

Por Decreto nº 407/2026 de 10 de xullo de 2026 o Alcalde-Presidente resolve convocar un novo procedemento selectivo para a contratación laboral temporal de dous (2) peóns de limpeza de praias, co obxecto de cubrir as dúas prazas que quedaron vacantes no procedemento convocado por Decreto da Alcaldía nº 297/2026, do 2 de xuño de 2026.

As bases están a disposición dos/as interesados/as no taboleiro de edictos da Casa Consistorial e taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello https://sede.concellodepaderne.es/gl/.

O prazo de presentación de instancias será de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte á data de publicación do presente anuncio no BOP.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/16/2026_0000004689.html

Comments