Ir o contido principal

OEP 2021 e OEP 2022 na Xerencia Municipal de Urbanismo

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade de prazas de funcionarios/as de carreira vacantes no cadro de persoal da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, incluídas na oferta de emprego público 2021 (aprobada por acordo da Xunta de Goberno Local de data 27 de maio de 2021 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 246 do 22.12.2021 e no Diario Oficial de Galicia núm. 243 do 21.12.2021 (Expte. núm. 13468/407), e 2022 (aprobada por acordo da Xunta de Goberno Local de data 10 de novembro de 2022 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 222 do 21.11.2022 e no Diario Oficial de Galicia núm. 223 do 23.11.2022 (Expte. núm. 14902/407), terceira fase.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

As instancias de solicitudes dirixiranse ao Sr. Presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo e presentaranse no prazo de 20 días hábiles a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/17/2026056573

Comments