Ir o contido principal
Formación en Voluntariado Social "Fasnos Falta"

Formación en Voluntariado Social "Fasnos Falta"

Fapmi-ECPAT España organiza o programa de Formación especializada en voluntariado social para a atención á infancia e a adolescencia ‘Fasnos falta’ co financiamento do Ministerio de Mocidade e Infancia.

Os obxectivos do programa son:

- Capacitar e incrementar o nivel de formación especializada daquelas persoas voluntarias que desenvolven o seu labor no ámbito da infancia e a adolescencia de maneira que poidan responder de forma adecuada ás necesidades específicas deste colectivo.

- Mellorar a atención a nenos, nenas e adolescentes en situación de risco ou vulnerabilidade social, a través do apoio voluntario.

Persoas destinatarias: Persoas que realizan ou queren realizar voluntariados no contexto da atención a nenos, nenas e adolescentes.

Datas, modalidade: O curso dará inicio o 24 de febreiro de 2025 e estará dispoñible en plataforma Google Classroom ata o 8 de xuño do mesmo ano. Realizarase en modalidade en liña, a través das plataformas Google Classroom e Zoom. O número de prazas é de 250 persoas.

Inscricións gratuítas. O acceso ao recurso formativo require de inscrición previa a través deste formulario.

Máis información: FAPMI

PROGRAMA

Comments