Ir o contido principal
becas colaboracion

Bolsas de Colaboración en Departamentos Universitarios

A Secretaría  de Estado de Educación convoca 2.111 Bolsas de Colaboración en Departamentos universitarios para o curso académico 2026-2027.

O obxectivo destas bolsas é facilitar a colaboración dos estudantes universitarios nos departamentos universitarios, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, co fin de iniciarse en tarefas de investigación vinculadas cos estudos que están a cursar e facilitar a súa futura orientación profesional ou investigadora.

As universidades nas que se poderá efectuar a colaboración son as que se relacionan no anexo da CONVOCATORIA.

Beneficiarios.

Poderán solicitar bolsas de colaboración os estudantes universitarios que no curso 2026-2027 estean matriculados no último curso de estudos de Grao ou no primeiro curso dun Máster universitario oficial e que, entre outros requisitos académicos, obtivesen como nota media nos seus estudos a que se sinala a continuación para cada unha das ramas de titulacións oficiais:

7,25 puntos para a rama de Enxeñería e Arquitectura ou Ensinos Técnicas;

7,70 puntos para as ramas de Ciencias ou Ciencias Experimentais e para Ciencias Sociais e Xurídicas;

7,80 puntos para a rama de Ciencias da Saúde e

8,00 puntos para a rama de Artes e Humanidades.

Características do programa.

Quen resulte beneficiarios da axuda deberán prestar a súa colaboración a razón de tres horas diarias durante sete meses e medio contados desde a data de incorporación ao departamento correspondente como bolseiro de colaboración, nos termos recolleitos no proxecto de colaboración na universidade na que estean matriculados no curso 2026-2027.

Contía da axuda.

A dotación da bolsa de colaboración será de 2.000 euros. A concesión desta bolsa non conleva a exención do pago por parte do beneficiario dos prezos públicos por servizos académicos.


Solicitudes.

A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a "Buscar trámites". Xunto coa solicitude acompañarase, a través da páxina web, mediante imaxe lexible (escaneada ou fotografada) e en ficheiro formato "pdf", o persoal facilitado pola aplicación informática cun esquema do proxecto de colaboración que se vaia a desenvolver e a avaliación do mesmo polo departamento.

O prazo para a presentación de solicitudes empezará o día 21 de xullo ás 8.00 e finalizará o 22 de setembro de 2026 ás 15.00 (hora peninsular).

Máis información: BOE DE 17/07/2026

Comments