Ir o contido principal
ofrenda floral

Cocurso de relatos para viaxar pola provincia da Coruña da Deputación da Coruña

O obxecto do concurso é o fomento do talento creativo, a animación á escritura e á lectura, e a difusión do patrimonio cultural e turístico dos concellos da provincia da Coruña, axudando a sensibilizar sobre o patrimonio cultural, natural e medioambiental de cada un deles, e a importancia de preservalo. Para isto a Biblioteca Provincial xunto co Servizo de Turismo da Deputación da Coruña convocan unha nova edición do concurso de microrrelatos sobre o patrimonio dos concellos da provincia.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación dos relatos será de mes e medio, logo da súa publicación no BOP da Coruña (45 días naturais). Non se considerarán propostas presentadas fóra deste prazo.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/20/2026_0000004762.html

Comments