Ir o contido principal
Concello

Subvencións municipais para festas no Concello de Betanzos

O Concello de Betanzos quere, pola presente convocatoria, establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Betanzos para a "Organización de festas parroquiais" ou populares en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e terá unha duración máxima de quince días hábiles.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/21/2026_0000004809.html

Comments