Ir o contido principal
teatro cariño

XLVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño

O Concello de Cariño ven de presentar a XLVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño, que ofrecerá 15 representacións entre o 2 e o 8 de agosto de 2026.

A programación desta 48ª edición incluirá espectáculos para todos os públicos, coa maior parte das funcións familiares programadas ás 12.00 horas, mentres que as representacións destinadas ao público adulto terán lugar ás 22.00 horas. Ao longo de toda a semana, a Mostra volverá apostar por unha oferta diversa que combina humor, emoción, reflexión e crítica social.

Prezos.

Mostra Infantil : 1,50€

Mostra de Noite: 6€

Bono: Bono: 25€ (permite o acceso a todas as funcións de noite). Pódese adquirir dende o día 27 e ata o 31 de xullo, no servizo de recadación na primeira planta da Casa do Concello (Avda. da Paz, 2).

Horarios
As funcións infantís terán lugar ás 12 horas. Procederase á venda de entradas dende as 11.30 horas.

As funcións de noite terán lugar ás 22.00 horas. Procederase á venda de entradas dende as 21.15 horas.

As funcións de rúa son gratuítas.

Máis información: MostraTeatroGalegoCariño

PROGRAMA

Comments