Praza de operario de servizos múltiples no Concello de Cee
É obxecto das presentes bases regular o proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha operario/a de servizos múltiples (oficial de 1.ª, condutor/a de tractor), pertencente ao grupo IV, Técnicos Auxiliares, mediante contrato de substitución para cobertura por vacante, para a cobertura temporal da praza vacante prevista na Relación de Postos de Traballo do Concello de Cee, durante o proceso de selección para a súa cobertura definitiva, de conformidade co previsto no artigo 15.3 do Texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
As instancias solicitando tomar parte nas probas selectivas dirixiranse á Señora Alcaldesa do Concello de Cee e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral do Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, durante o prazo de dez (10) días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia no que foron publicadas as bases específicas.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/24/2026_0000004871.html




Comments