Ir o contido principal

Praza de Profesor de Violín no Concello de Ribeira

A presente convocatoria ten por obxecto regular a formación dunha bolsa de emprego no Concello de Ribeira coa finalidade de dotar ó mesmo dunha bolsa que permita atender presentes e futuras necesidades desta Administración local mediante a contratación de persoal laboral temporal, na categoría profesional de PROFESOR/A DE MÚSICA, NA ESPECIALIDADE DE VIOLÍN, para o CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DO CONCELLO DE RIBEIRA, como consecuencia da baixa laboral por IT da titular da praza.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas no inverno; no verán, que abrangue desde o 15 de xuño ao 15 de setembro, o horario é de 9:00 a 13:30 horas) durante o prazo de DOCE (12) DÍAS HÁBILES, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/24/2026_0000004864.html

Comments