Ir o contido principal

O Concello de Celanova convoca dúas prazas de xefe/a de brigada para a campaña de prevención e defensa contra incendios

O Concello de Celanova abriu o proceso selectivo para a contratación laboral temporal, a xornada completa, de dous/dúas xefes/as de brigada para completar dúas brigadas de incendios, mediante o sistema de concurso-oposición.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude, segundo o modelo recollido nas bases da convocatoria, no Rexistro Xeral do Concello de Celanova ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, no prazo de catro días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Ourense.

As bases completas poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello e na súa sede electrónica.

Prazo de solicitude: 4 días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP de Ourense.

Comments