Sinsal SON Estrella Galicia
Co apoio dos Concertos do Xacobeo, o festival Sinsal SON Estrella Galicia expande o seu horizonte. Así, a edición deste 2026 celebrarase durante dúas fins de semana consecutivas: do 24 ao 26 de xullo desenvolverase na illa de San Simón e do 31 de xullo ao 2 de agosto en Vigo e noutras localidades da contorna. O que non cambia é o seu cartel secreto ata que o público desembarca na illa.
Máis alá da música, o festival aposta polo patrimonio e o territorio. Ao longo destas 15 edicións, máis de 30.000 persoas chegadas de todo o mundo puideron achegarse, a través do evento, á memoria do arquipélago. A esencia de Sinsal radica en que, ademais de ser unha xanela á creación contemporánea e á memoria sonora, funciona como un espazo de divulgación e posta en valor do patrimonio histórico, cultural e natural da illa.




Comments