Ir o contido principal
noiaharpfest

Noia Harp Fest

O Noia Harp Fest celebrará a súa 13ª edición do 29 de xullo ao 1 de agosto de 2026, co apoio de Concertos do Xacobeo e consolidándose como unha das citas imprescindibles do verán galego.

O festival, único no noroeste peninsular dedicado exclusivamente á arpa, reunirá intérpretes de Galicia e de distintos países de Europa, África e América, combinando estilos diversos e propostas que van desde formatos íntimos ata grandes escenarios. Algúns dos nomes do cartel son Maee Gilchrist, Siobhán Armstrong, Sona Jobarteh ou Manuel Vilas e Entrebescant.

Ademais, o Noia Harp Fest outorga o Premio Internacional de Composición Portus Apostoli, que impulsa a creación de novas obras para arpa e orquestra. Este ano, o coruñés Teo Montero Rey obtivo o galardón coa obra Alén do azul. A creación estrearase da man da Real Filharmonía de Galicia durante o festival.

 

https://noiaharpfest.gal/

Comments