O Concello do Vicedo convoca un proceso selectivo para a contratación dun/dunha auxiliar de axuda a domicilio
O Concello do Vicedo publica no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP nº 170, do 28 de xullo de 2026) as bases reguladoras para a selección dun/dunha auxiliar de axuda a domicilio.
-
Entidade convocante: Concello do Vicedo.
-
Posto ofertado: 1 praza de Auxiliar de Axuda a Domicilio.
-
Tipo de contrato: Laboral temporal de substitución a xornada completa (100%) ata a cobertura definitiva da praza.
-
Adscrición: Servizo Municipal de Axuda ao Fogar.
-
Sistema de selección: Concurso-oposición.
-
Proba de galego: Proba previa de tradución, de carácter obrigatorio e eliminatorio para quen non acredite o nivel CELGA 1, equivalente ou superior.
-
Fase de oposición: Exercicio práctico de 10 preguntas/supostos baseados no temario oficial (máximo 1 hora; valorado de 0 a 10 puntos, sendo necesarios 5 puntos para aprobar).
-
Fase de concurso: Valoración da experiencia laboral acreditada (ata 1 punto en administracións públicas a razón de 0,10 puntos/mes; ata 0,50 puntos na empresa privada a razón de 0,05 puntos/mes).
-
-
Requisitos principais das persoas candidatas:
-
Ter cumpridos os 16 anos de idade e non superar a idade máxima de xubilación.
-
Acreditar o certificado de estudos primarios ou certificado de escolaridade.
-
Estar en posesión de polo menos unha das titulacións ou certificados esixidos (Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermaría, Técnico/a en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, Técnico/a Superior en Integración Social, ou Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais ou no Domicilio).
-
Dispor de permiso de conducir e vehículo propio para desprazamentos polo termo municipal.
-
Acreditar o certificado CELGA 1 ou superior (ou superar a proba correspondente).
-
Posuír capacidade funcional e non incorrer en causa de incompatibilidade ou inhabilitación.
-
-
Prazo de presentación: 8 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP de Lugo.
-
Lugar e forma de presentación: No Rexistro Xeral do Concello do Vicedo ou a través de calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015. No caso de presentar a solicitude nun rexistro diferente ao municipal, deberase enviar copia selada dentro do prazo ao correo electrónico:
concello@concellodovicedo.org




Comments